Pôster do evento 7º Trail Running e Andaina de Orientacion Orro 2019

7º Trail Running e Andaina de Orientacion Orro 2019

  • Orientação a pé
  • 19 jan 10:00 (CET)
  • Orro (Culleredo - A Coruña) - Galicia

Proba de orientación con tres distancias, andaina, trail curto e trail longo, que terá lugar o 19 de Xaneiro en Orro (Culleredo - A Coruña)

Modalidades

Onde/Quando

Orro (Culleredo - A Coruña) - Galicia

janeiro 19, 2020 10:00 (CET)

  • Trail Longo 19 jan 10:00 (CET)
  • Trail Curto 19 jan 10:10 (CET)
  • Andaina 19 jan 10:15 (CET)

Visão geral

LÍMITE DE PLAZAS: 450 INSCRITOS

O vindeiro día 19 de enero na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o VII Trail Running e a VII Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos tanto do trail longo como do trail curto. No trail curto poderáse participar a partir de 16 anos. No longo a partires de 18 anos . VER normativa da proba e protección de datos.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE (andaina e trail curto): Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorizacion de menores

Para non olvidala na casa o dia da proba, podes anticipala por correo unha vez firmada a [email protected]

DISTANCIAS E DESNIVEL:

Trail-running longo: 20 kms con 700 metros de desnivel positivo

Trail-running curto: 12 kms con 350 metros de desnivel positivo

Andaina: 9 kms con 300 metros de desnivel positivo

PREZOS:

A inscripción dara dereito a:

- Realizar a andaina ou o trail

- Regalo a todos os participantes

- Servizo de ambulancia e médico

- Seguro RC e médico de proba

- 1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica

- Cónsome de caldo á chegada

- Sorteo de regalos dos patrocinadores

- Duchas

Realizando inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas:

15 € con licenza fedo o trail running longo

14 € con licenza fedo o trail running curto

8 € con licenza fedo a andaina.

Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro.

Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

Realizando inscrición entre o 1 de decembro e o 17 de decembro ás 24 horas:

16 € con licenza fedo o trail running longo

15 € con licenza fedo o trail running curto

10 € con licenza fedo a andaina.

Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro.

Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

COMIDA POST-EVENTO: PRAZAS AGOTADAS !!!

Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional.

Cómida adultos: 8 €

Fabada

Paella

Bebida

Postre

Café

Cómida nenos < 18 anos: 4 ? co mesmo menú que os adultos

HORARIOS DAS PROBAS:

Saída do trail-running con orientación longo: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)

Saída do trail-running con orientación curto: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)

Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)

MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA:

Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio)

Recomendable: compás

Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido

Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición

Contatar a organização

Envie sua pergunta para a organização de 7º Trail Running e Andaina de Orientacion Orro 2019. Eles responderão o mais rápido possível.

Contato

Este site usa cookies.

Se você continuar navegando, presumimos que aceita o uso de cookies. Mais informações em Política de Cookies dos nossos Termos de uso

Carregando