Táto stránka používa cookies.
Ak budete pokračovať v prehliadaní, predpokladáme, že súhlasíte s ich používaním. Viac informácií v Zásady cookies v našich Podmienkach používania
Proba de orientación con dúas distancias, andaina e trail, que terá lugar o 17 de Decembro en Orro (Culleredo - A Coruña)
Orro (Culleredo - A Coruña)
December 17, 2017 10:00 (CET)
O vindeiro día 17 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o V Trail Running e a V Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos. VER normativa da proba e protección de datos.
AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE:
Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorización menores
DISTANCIAS E DESNIVEL:
Trail-running: 18 kms con 600 metros de desnivel positivo
Andaina: 10 km con 350 metros de desnivel positivo
PREZOS:
A inscripción dara dereito a:
Realizar a andaina ou o trail
Regalo a todos os participantes
Servizo de ambulancia e médico
Seguro RC e médico de proba
1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica
Cónsome de caldo á chegada
Sorteo de regalos dos patrocinadores
Dispositivo gps de seguimento online (tracktherace.com)
Duchas
Realizando inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas:
12€ con licenza fedo o trail running
7€ con licenza fedo a andaina
Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto)
Realizando a inscrición entre o 1 de decembro e o 12 de decembro ás 24 horas:
13€ con licenza fedo o trail running
8€ euros con licenza fedo a andaina
Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).
COMIDA POST-EVENTO:
PLAZAS AGOTADAS
Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional. PRAZAS LIMITADAS.
Cómida adultos: 6 €
Callos
Paella
Bebida
Postre
Café
Cómida nenos: 3€ co mesmo menú que os adultos
HORARIOS DAS PROBAS:
Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)
Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)
MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA:
Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio)
Recomendable: compás
Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido
Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición
Proces registrácie: Uzavreté Proces registrácie bol ukončený dňa 12 Dec 23:59 (CET)