This site uses cookies.
If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More information in the Cookies Policy of our Terms of use
Proba de orientación con tres distancias, andaina, trail curto e trail longo, que terá lugar o 19 de Xaneiro en Orro (Culleredo - A Coruña)
Orro (Culleredo - A Coruña) - Galicia
January 19, 2020 10:00 (CET)
LÍMITE DE PLAZAS: 450 INSCRITOS
O vindeiro día 19 de enero na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o VII Trail Running e a VII Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos tanto do trail longo como do trail curto. No trail curto poderáse participar a partir de 16 anos. No longo a partires de 18 anos . VER normativa da proba e protección de datos.
AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE (andaina e trail curto): Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorizacion de menores
Para non olvidala na casa o dia da proba, podes anticipala por correo unha vez firmada a [email protected]
DISTANCIAS E DESNIVEL:
Trail-running longo: 20 kms con 700 metros de desnivel positivo
Trail-running curto: 12 kms con 350 metros de desnivel positivo
Andaina: 9 kms con 300 metros de desnivel positivo
PREZOS:
A inscripción dara dereito a:
- Realizar a andaina ou o trail
- Regalo a todos os participantes
- Servizo de ambulancia e médico
- Seguro RC e médico de proba
- 1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica
- Cónsome de caldo á chegada
- Sorteo de regalos dos patrocinadores
- Duchas
Realizando inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas:
15 € con licenza fedo o trail running longo
14 € con licenza fedo o trail running curto
8 € con licenza fedo a andaina.
Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro.
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).
Realizando inscrición entre o 1 de decembro e o 17 de decembro ás 24 horas:
16 € con licenza fedo o trail running longo
15 € con licenza fedo o trail running curto
10 € con licenza fedo a andaina.
Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro.
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).
COMIDA POST-EVENTO: PRAZAS AGOTADAS !!!
Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional.
Cómida adultos: 8 €
Fabada
Paella
Bebida
Postre
Café
Cómida nenos < 18 anos: 4 ? co mesmo menú que os adultos
HORARIOS DAS PROBAS:
Saída do trail-running con orientación longo: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)
Saída do trail-running con orientación curto: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)
Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)
MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA:
Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio)
Recomendable: compás
Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido
Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición