Cartel del evento 4º Trail Running e Andaina de Orientación Orro 2016

4º Trail Running e Andaina de Orientación Orro 2016

  • Orientación a pie
  • 18 de dic 10:00 (CET)
  • Orro (Culleredo - A Coruña)

Proba de orientación con dúas distancias, andaina e trail, que terá lugar o 18 de Decembro en Orro (Culleredo - A Coruña)

Modalidades

Dónde/Cuándo

Orro (Culleredo - A Coruña)

18 de diciembre de 2016 10:00 (CET)

  • Trail 18 de dic 10:00 (CET)
  • Andaina 18 de dic 10:00 (CET)

Descripción

AVISO inscripción NENOS ou adultos sen mail: normalmente como non teñen mail propio debe usarse a opción "deseo inscribirme sin registrarme como usuario Tracktherace".

O vindeiro día 18 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o IV Trail Running e a III Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos. VER normativa da proba e protección de datos.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE:

Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e deberase presentar asinado o seguinte documento na recollida do dorsal: autorización menores

DISTANCIAS E DESNIVEL:

  • Trail-running: 18 kms con 600 metros de desnivel positivo
  • Andaina: 9 km con 300 metros de desnivel positivo

PREZOS:

A inscripción dara dereito a:

  • Realizar a andaina ou o trail
  • Regalo a todos os participantes
  • Servizo de ambulancia e médico
  • Seguro RC e médico de proba
  • 1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica
  • Cónsome de caldo á chegada
  • Sorteo de regalos dos patrocinadores
  • Dispositivo gps de seguimento online (tracktherace.com)
  • Duchas

Realizando inscrición antes o 30 de novembro ás 24:00 horas:

  • 12€ con licenza fedo o trail running
  • 7€ con licenza fedo a andaina
  • Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
  • Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto)

Realizando inscrición entre o 1 de decembro e o 13 de decembro ás 24 horas:

  • 13€ con licenza fedo o trail running
  • 8€ euros con licenza fedo a andaina
  • Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
  • Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2€ a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

COMIDA POST-EVENTO:

Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba ó Restaurante O Sombreiro co que como patrocinador da proba nos ofrece precios populares (os que viñestes as pasadas edicións xa sabedes o bo trato que nos dispensan):

  • Cómida adultos: 13€ que inclúe:
    • Sopa consistente (fideos, ovo, polo...)
    • Carne asada con patacas (xarrete)
    • Viño, gaseosa, refresco, auga
    • Postre
    • Café
  • Cómida nenos: 7€ que inclúe:
    • Poderán tomar tamén a sopa e ademáis milanesa de polo con patacas.
    • Auga e refrescos.
    • Postre

HORARIOS DAS PROBAS:

  • Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)
  • Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)

MATERIAL OBRIGATORIO TRAIL-RUNNING E ANDAINA:

  • Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido (na andaina non é obrigatorio pero é recomendable levar algo de auga ou sales, terá tamén avituallamento líquido na metada da proba).

  • Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización o non ser material obligatorio)

  • O compás aínda que non é obrigatorio si é moi recomendable

  • Teléfono móbil acendido os da andaina o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición

  • No trail non é necesario levar o móbil xa que a organización facilitará un dispositivo gps (tracktherace.com) para poder seguir a carreira online.

Inscripciones

Proceso de inscripciones: Cerrado El proceso de inscripciones finalizó el 14 de dic 14:00 (CET)

  • Trail 13,00 €
    Cerrado
  • Andaina 8,00 €
    Cerrado

Contactar con la organización

Envía tu consulta a la organización de 4º Trail Running e Andaina de Orientación Orro 2016. Te responderán lo antes posible.

Contacto

Este sitio utiliza cookies.

Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información en la Política de Cookies de nuestros Términos de uso

Cargando